Técnicas dramatúrxicas para unha comunicación eficaz

Obxetivo Xeral

O obxectivo xeral destas clases é a formación en técnicas dramatúrxicas que faciliten o correcto desenvolvemento da expresión corporal como principal elemento transmisor de emocións e coñecemento. O curso busca crear un espazo de seguridade para o alumnado que lle permita trasladar as súas propostas dunha maneira eficaz e empática, optimizando ao máximo a súa capacidade comunicativa.

Os talleres achegan ferramentas propias da formación actoral, adaptadas ás necesidades específicas de comunicadores/as e centradas na posta en escena e na comunicación profesional.

Público Obxetivo

Este programación está deseñada para persoas ou grupos de persoas profesionais ou non, que queiran coñecer estas técnicas e aplicalas na súa oralidade, exposicións públicas, grupo de traballo, empresas ou vida cotiá.

Consciencia corporal e técnicas dramaturxicas

Obxetivo Xeral

No desenrolo desta aprendizaxe utilizaremos múltiples técnicas de diferentes disciplinas para mellorar así a expresividade e a percepción corporal. O mesmo tempo faremos un acercamento as artes escénicas como a performance, danza, contat, teatro.Coñecer as túas expresións non verbais, eliminar as máscaras e constructos educativos e sociais, ou simplemente incrementar a comunicación co teu corpo a partires do movementoto creativo, individual e colectivo. Corrixir malas posturas, mellorar a forma de camiñar e de sentarse, liberar tensións, recuperar ton muscular e incrementar a túa mobilidade. En definitiva, tomar consciencia do teu eu atraveso do corpo. Xirar os ollos e mirarse por dentro.

Público Obxetivo

Todas aquelas persoas que teñan interese no coñecemento activo do seu corpo mediante a consciencia corporal, e que tamén desexen acercarse a a ación escénica.

Dramaturxia nas aulas

Obxetivo Xeral

Dramaturxia nas aulas pretende familiarizar ó alumnado en etapas escolares coas técnicas dramaturxicas e a interpretación pero tamén co concepto de escenario, facendo un paralelismo con outros escenarios nos que se teñen que desenrolar no seu presente académico e futuro laboral: exposicións, presentación de proxectos, oposicións, entrevistas de traballo etc. Tamén ermite ós alumnos tomar consciencia da importancia do corpo como principal elemento comunicativo, tendo en consideración que a maior parte da información que transmitimos é comunicación non verbal.

Público Obxetivo

Esta clase está deseñada para alumnos/as de educación secundaria E.S.O, Bacherelato ou Formación profesinonal.

Teatro e interpretación

Obxetivo Xeral

O obxectivo xeral deste curso é ofrecer un espazo no que os/as alumno/as poidan experimentar novas formas de comunicarse, tanto física como intelectualmente, a través da interpretación. Preténdese potenciar e crear actitudes como a comunicación efectiva, a desinhibición e a competencia cultural e artística.

Mediante a práctica escénica, os/as participantes exploran distintos roles, abrindo novos espazos para o desenvolvemento persoal e a creatividade, consolidando o rol de actor ou actriz como axente creador/a. Aprenden a desenvolver a lectura dramatizada dun texto, superar estereotipos e coñecer o seu corpo como principal instrumento comunicativo. Estas competencias culturais e artísticas favorecen a capacidade de expresión, mobilizando os recursos individuais, e fomentan a apreciación e o goce das distintas manifestacións da arte e da cultura. Ao mesmo tempo, o curso fortalece habilidades de escoita, cooperación e empatía, potenciando a conciencia corporal e sensorial para unha posta en escena máis completa e consciente.

Público Obxetivo

Esta programación está deseñada para grupos de persoas que queiran acercarse o teatro e coñecer o oficio da interpretación en escena.

Comentarios

Apunteime pensando en mellorar as miñas habilidades para falar en público e foi todo un descubrimento. O curso fíxome conectar as palabras co movemento dende un lugar que non coñecía, e aprender a complexidade da comunicación. Foi un gusto disfrutar das clases e da xente, o momento favorito da semana mentres durou o curso!! tanto que me apuntei as clases de conciencia corporal... e iso xa foi outro nivel.

Buenísimo y recomendadísimo, sin duda. Se aprende un montón, te activas un montón, conoces a un montón de gente increíble y las clases son perfectísimas para desconectar, relajarte, cansarte... una maravílla!

Selena Rodriguez "Desarrolladora de proxectos de formación" Alumna de Técnicas dramaturxicas UNED Vigo
★★★★★
★★★★★

Coñecín a Xan o curso 2023- tiven a sorte de coñecer a un profesional dos que deixan legado, tanto polo amplo coñecemento do seu traballo como polo tipo de persoa que é, cercana, sincera e da que te sentes orgulloso de coñecer. A formación recibida penso que me é moi útil tanto para o meu traballo de docente como para a de músico, aportándome sensación de seguridade, confianza e valía persoal. Quero destacar a capacidade para atender á diversidade de cada un de nos e saber enfocar os cursos dende unha perspectiva aberta, sen complexos e moi respectuosa".

José luis Barreiro (Txelu) "Docente e Músico" Alumno de técnicas dramaturxicas UNED Vigo
★★★★★

Con Xan aprendo día a día, clase a clase, pasito a pasito… creación del personaje, la gran diferencia entre “actuar” y “escenificar”, a través del estudio y la creación del personaje, con la voz como instrumento, aprendemos a respirar, a utilizar “los verbos de acción”.  Xan es talento, Xan es multidiversidad, Xan es creativo, Xan es respeto, Xan disfruta viendo la progresión en nosotros. Las mejores técnicas sólo pueden venir del mejor y tengo el placer de formar parte de su equipo de estudio; "Xan es el mestre/director por excelencia".

Maria Patiño "Docente" Alumna Teatro e integración grupal. UNED Pontevedra
★★★★★
Eli Romero "Bióloga" Alumna de Conciencia corporal CS Bouzas

Momentos vividos nas clases

Or someone else will hire you to build theirs. Here is how you can take action – starting today.

Xan

Nos meus cursos e talleres pretendo acercar as técnicas dramatúrxicas a persoas que non teñan necesariamente relación coa interpretación. Están pensados para quen queiran mellorar e entender o corpo como un mecanismo imprescindible para unha maior calidade de vida. Malas posicións, mellorar e corrixir a forma de camiñar, posturas; liberarte de tensións cotidianas, recuperar ton muscular, mobilidade. Coñecer a túas expresións non verbais, derribar máscaras e constructos socias educativos e persoais para unha maior comunicación co teu corpo. Tomar consciencia del a partires do movemento creativo e individual. Democratizar o traballo de actor e levalo o gran público, porque todos e todas estamos enriba dun escenario.

"Unha percepción correcta do noso corpo inflúe na atención, intelixencia emocional, toma de decisións, procesos cognitivos, memoria, verbalización, en definitiva no noso ben estar".

   Nazaret Castellanos

“O mundo na súa totalidade, ben podería ser un escenario. Pero durante o século vinte a maior parte das persoas formaban parte do público neste século todos estamos no escenario”.

Jeremy Rifkin. A CIVILIZACIÓN EMPÁTICA

“Non temos corpo, somos corpo”.

Antonio Damasio

Contacto

Se desexas contactar con Xan e coñecer horarios ou máis detalles das clases, completa o formulario e poñerase en contacto contigo, ou chama directamente.