
Xan Martínez: Artista Multidisciplinar
Proxectos Artísticos


Nos últimos 20 anos Xan Martínez ten liderado proxectos artísticos de diversas disciplinas. Baixo o pseudónimo Xan Solo publicou catro discos e un quinto con "Electrolírica", un proxecto de poesía videocreación e música electrónica. No eido da escena ten escritas e dirixidas máis de trinta pezas teatrais e quince performances, con actores profesionais e non profesionais de tódalas idades. Como actor traballou en teatro, series de tv e curtas. No ámbito literario ten publicados dous poemarios, "O Tempo nun Instante" e "As Verbas do Luns". Estes traballos artísticos vennos combinando coa docencia escénica dende diferentes miradas pedagóxicas.


Docencia
Xan leva máis de quince anos impartindo clases de interpretación e consciencia corporal para a formación de actores e actrices en distintas vilas e cidades. Na actualidade conta con máis de cen alumnos e alumnas de todas as idades, distribuídos en varios cursos e talleres.. Nos últimos anos desenrolou os proxectos pedagóxicos Dramaturxia nas aulas e Técnicas dramaturxicas para unha comunicación eficaz.
Dramaturxia nas aulas, dirixido ó alumnado de educación secundaria, trata de facer un paralelismos entre o escenario -o lugar onde desenrola o seu traballo un actor ou actriz- e os espazos do presente ou futuro académico e posterior vida laboral do alumnado: exames orais, exposicións públicas, entrevistas de traballo etc.
Técnicas dramaturxicas para unha comunicación eficaz, esta dirixido a profesionais que queren mellorar a súa posta en escena e expresión oral. Os talleres impártense na UNED de Vigo e Pontevedra e en academias de opositores, aplicando ferramentas da interpretación a ámbitos como a docencia, a avogacía, a medicina ou a empresa. Comunicación escénica ao servizo da vida profesional.
Xan Solo
Xan Solo (Xan Martínez) combina a palabra, o son, o movemento, a improvisación e a ironía nas súas actuacións e creacións, traballando como actor, cantautor, poeta, dramaturgo, director de teatro ou docente.






Formación
Formado na escola de teatro Espazo Aberto de Santiago de Compostela. Como proxecto de fin de formación crea Cancións Informais, un espectáculo músico-teatral co que percorre boa parte da península ibérica e algúns escenarios de Europa baixo o nome artístico de Xan Solo. Despois volve para a súa terra natal e crea a escola de teatro Sen Cancelas Teatro. Paralelamente, continúa a súa formación de maneira ininterrompida en disciplinas como a neurociencia, a antropoloxía, co obxectivo de debullar a linguaxe non verbal e o comportamento humano e poder aplicalo á interpretación e á comunicación.


Contacto
Se desexas participar nalgún dos seus cursos ou recibir máis información sobre estes ou sobre calquera dos seus proxectos artísticos, non dubides en poñerte en contacto.
Arte
Palabra, música e movemento en cada actuación única.
Docencia
+34 686148512
© 2025. All rights reserved.