
Xan Martínez: Artista Multidisciplinar
Proxectos Artísticos


Nos últimos 20 anos Xan Martínez ten liderado proxectos artísticos de diversas disciplinas. Baixo o pseudónimo Xan Solo publicou catro discos e un quinto con "Electrolírica", un proxecto de poesía videocreación e música electrónica. No eido da escena ten escritas e dirixidas máis de trinta pezas teatrais e quince performances, con actores profesionais e non profesionais de tódalas idades. Como actor traballou en teatro, series de tv e curtas. No ámbito literario acaba de publicar un segundo poemario, "As Verbas do Luns", que está actualmente presentando. Combinando este traballo coa docencia.


Docencia
Xan ten na actualidade máis de cen alumnos/as de tódalas idades repartidos/as en varios talleres. Leva quince anos impartindo clase de interpretación e conciencia corporal para a formación de actores e actrices, e nos últimos dez anos desenrolou os proxectos pedagóxico Dramaturxia nas aulas e Técnicas dramaturxicas para unha comunicación eficaz. Dramaturxia nas aulas dirixido a rapaces e rapazas de institutos, e en Técnicas dramaturxicas profesionais da avogacía, mediciña, mestres, directores de orquestra, executivos/as e comerciais entre outras profesións, son actualmente o alumnado destes talleres que imparte na UNED de Vigo e Pontevedra. Tamén imparte en academias para opositores para a súa exposicións ante un tribunal. Facendo un paralelismo entre o escenario no que desenrola a sua profesión un actor, a calquera outro lugar onde se precise unha posta en escena.
Xan Solo
Xan Solo combina a palabra, o son, o movemento, a improvisación e a ironía nas súas actuacións e creacións, traballando como actor, cantautor, poeta, dramaturgo e director de teatro. Xan Martínez (Xan Solo) Combinando a creación artística coa docencia.






Formación
Formado na escola de teatro Espazo Aberto de Santiago de Compostela. Como proxecto de fin de formación crea Cancións Informais, un espectáculo músico-teatral co que percorreu case a totalidade da península ibérica e parte de Europa co nome artístico de Xan Solo. Despois volve para a súa terra natal e crea a escola de teatro Sen Cancelas Teatro onde leva formando actores e actrices dende fai máis de quince anos co seu nome Xan Martínez. Sen parar de formarse ininterrompida en disciplinas como a neurociencia a antropoloxía e a linguaxe non verbal para desgranar o comportamento humano, e aplicalo a interpretación e a comunicación.


Contacto
Se desexas ou ten interese por algúns dos meus cursos ou recibir información, non dubides en poñerte en contacto comigo.
Arte
Palabra, música e movemento en cada actuación única.
Docencia
+34 686148512
© 2025. All rights reserved.